O culto á imaxe vén sendo desde hai décadas unha máxima nas nosas sociedades occidentais. De sempre, o ser humano tivo verdadeira obsesión por reflectir o que vía ou imaxinaba: primeiro foi na bóveda dunha caverna, logo nun lenzo, ata chegar á pantalla do pc. Pero nos tempos que vivimos, onde a oralidade ou as mensaxes escritas fanse insoportables para a meirande parte da poboación se duran máis duns minutos ou dunhas liñas (un dos motivos polos que Fidel acabou por se nos facer tan antipático e o seu discurso tan antediluviano) o emprego intelixente das iconas e da imaxe, constitúe un ben de incalculable valor engadido.
Os políticos e os seus asesores o saben desde hai moito. Non me vou referir ao manido debate televisado Nixon-Kennedy dos anos sesenta e a camisa branca do primeiro fronte a azul pálido do segundo, pero a historia recente está chea de imaxes fixas ou en movemento, que ilustran acontecementos importantes. Podemos probar a pensar no primeiro que nos veña á mente, como esa foto de Allende con casco de militar e fusil na man, para comezar a tirar do fío da nosa memoria, e os nosos coñecementos sobre o golpe do ano 73 en Chile aflorarán de inmediato. De feito, a min cústame centrarme nun personaxe histórico se non tiro da súa foto, cadro ou escultura. É inxusto, porque unha mala instantánea ou unha malintencionada representación artística pode marcar a un personaxe con valores que non tiña, ou deformar as nosas impresións sobre a súa personalidade apoiándonos excesivamente na imaxe que del temos. É moi inxusto porque houbo malvados e malvadas guapísimos e boa xente pouco agraciada (e xa sabemos o que nos soe influír esto á hora de valorar ás persoas) ou porque hai personaxes dos que só se conserva unha instantánea nunha determinada etapa da súa vida: sempre me custou horrores imaxinar ao personaxe autobiográfico de Arredor de si na súa xuventude, por culpa da icona cáseque exclusiva que sempre apareceu nos libros dun Otero Pedrayo na súa senectude, por poñer un exemplo. Máis difícil aínda o temos con persoeiros da antigüidade dos cales non podemos nin intuír como eran fisicamente.
Vén todo esto a conta dos últimos acontecementos políticos a nivel planetario e autonómico. No primeiro caso, a icona, como non, é Obama. Teríao tan fácil este señor para acadar a popularidade que ten se fose, por exemplo, obeso? Porque Obama é negro, e un dos seus grandes méritos ten sido o de erixirse en presidente mundial a pesares de pertencer a unha etnia marxinada politicamente durante décadas nos EEUU. É negro, pero atractivo, e o segundo pesa moito máis ca o primeiro.
No plano autonómico, a reflexión que se me ocorre é a que me provocou ter reparado estes días nos carteis das pasadas eleccións. O sol deste estrano final de inverno tivo o efecto perverso de facer palidecer as facianas de Touriño e Quintana ata o punto de ofrecer un aspecto asténico, anémico, tísico… En fin, que quedaron en ná. Tamén reparei nunha de Feijoo na que xa me fixara antes do 1M e mesmo calificara de pouco afortunada para un cartel. Nela ten un xesto que daquela me pareceu, simplemente, de panoli, pero no que agora intúo unha sonrisa seráfica. Terá cambiado motu proprio á vista dos resultados?
01/04/2009 ás 9:51 am |
Comunicación entre los seres humanos es el responsable de la creación de crecimiento
En el plano individual y el desarrollo a nivel de la comunidad
Cuando el trabajo de amigos en el mundo exterior
Así, establecer amistades en su procedimiento
Dentro de tu mente, que siempre te hace alerta de pensamiento, de conciencia
Nosotros no somos sistemas cerrados con la misma
Sin embargo, hemos sido creados para ser afectados son los que nos rodean influyen en nosotros mediante el fomento de nosotros
Así como una orientación para nosotros y nosotros también
Si la gente le encanta inevitablemente se sienta cómodo y espontánea cuando se le Cómo hermoso con la comunicación entre los seres humanos, y por el empleador Ntaref Ntqa
Allaah dice en el Corán:
((Hemos creado de un varón y una hembra y hemos hecho de vosotros pueblos y tribus, a fin de que tenga conocimiento el uno del otro que Alá es omnisciente, a)): Estado (13) AL-habitaciones
https: / / meabed-egypt.blogspot.com
https: / / tarfaia.wordpress.com